Xantar de confraternidade dos Consellos Reguladores galegos

Os Consellos Reguladores de Galicia celebraron o sábado o tradicional xantar de confraternidade, sendo nesta ocasión o anfitrión (por terceira vez) o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O encontro celebrouse en Doade, nas adegas Regina Viarum.

Asistiron representantes de todas as D.O. galegas: Rías Baixas, Monterrei, Ribeiro, Valdeorras, Viños da Terra, Lacón Galego, Ternera Gallega, Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Tetilla, San Simón da Costa, CRAEGA, Pan de Cea, Faba de Lourenzá, Mel de Galicia, Pataca de Galicia e Augardente de Galicia. Tamén acudiron representantes da Consellería do Medio Rural e da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.