Ribeira Sacra centra os primeiros meses do ano na promoción

Nos primeiros meses do ano 2009, a D.O. Ribeira Sacra centrará boa parte dos seus esforzos en tarefas de promoción. A primeira cita será Xantar, o salón gastronómico que se celebra en Expourense. Posteriormente, a D.O. terá presencia na capital de Galicia a través do programa “Santiago Repetirás”. Concretamente, o día 14 un técnico do Consello Regulador ofrecerá unha cata comentada de viños Ribeira Sacra.

Outras propostas levarán á D.O. a Gourmets ou Fenavin, pero xa máis avanzado o ano. En canto a actividades dentro do territorio da Ribeira Sacra, o 27 de febreiro celebrarase a Cata de Calificación da Colleita 2008, concretamente, no concello de O Saviñao.