Os produtos galegos ábrense paso en México

A prestixiosa cadea de distribución mexicana Palacio de Hierro vai desenvolver a Quincena de Galicia, unha actividade que podería marcar o devir de diversos produtos galegos. Se trunfan nesta quincena, a cadea podería incluír esas marcas dentro da súa amplísima oferta de produtos.

O director da división Gourmet de El Palacio de Hierro, José Ángel Sánchez-Aedo está estes días en Galicia para entrevistarse con máis de 60 proveedores, de cara a seleccionar os produtos participantes na quincena. Entre os produtos que máis aceptación teñen en México destacan os viños, sobre todo os Rías Baixas, pero tamén os de Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras, segundo explicou Sánchez-Aedo.