O turismo mariñeiro convírtese nun atractivo máis para Terras de Pontevedra

O aproveitamento das labores típicas dos mariñeiros de baixura e mariscadores convertirase, este verán, nun atractivo máis para os visitantes dos concellos que integran Terras de Pontevedra. Os interesados poderán participar nas faenas propias do mar, coñecer as antigas embarcacións, as artes de pesca, os modos de vida que constitúen o mundo tradicional do mar, entre outros atractivos.

Co fin de que esta actividade contribúa a crear un turismo de calidade, o Plan de Dinamización de Produto Turístico Terras de Pontevedra encargou á empresa ITO Consultores un ambicioso proxecto de aproveitamento da longa tradición mariñeira na comarca para conformar este novo produto turístico denominado "Turismo Mariñeiro en Terras de Pontevedra".

Ata o de agora lévanse inventariado máis de 320 recursos e 160 empresas directamente relacionadas co mar nos concellos costeiros de Pontevedra, Marín, Poio e Vilaboa. O traballo estará rematado a finais de abril.