Inminente aprobación do Decreto de Creación das Rutas do Viño de Galicia

O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, anunciou a inminente aprobación do Decreto de Creación das Rutas do Viño de Galicia, que serán postas en marcha cun investimento de 1,6 millóns de euros procedentes de Programas Interreg. O conselleiro asegurou que esta medida, xunto con outras que está a desenvolver o seu departamento, contribuirá a impulsar e poñer en valor o potencial agrario galego, fundamentalmente ligado á produción de viño de calidade.

O conselleiro fixo estas declaracións no transcurso dunha visita que realizou ao Polígono Agrario As Bouzas, na D.O. Ribeiro.