A illa de Cortegada poderá ser visitada todo o ano

Os atractivos naturais de Galicia son un piar fundamental á hora de desestacionalizar o turismo na comunidade. Por iso, os diferentes organismos afánanse en dar a coñecer o patrimonio natural galego. Un dos espazos máis relevantes é o Parque Nacional das Illas Atlánticas, integradas por Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

Precisamente, esta última illa (a que se incorporou máis recentemente ao Parque), poderá ser visitada durante os 365 días do ano, sempre que haxa un mínimo de oito persoas interesadas en viaxar a ela. O presidente do Parque, José Antonio Fernández Bouzas, agarda tamén poder implantar acampadas nocturnas, como nas outras illas.