En 2010, a Porta Santa abrirase cunha chave

O Cabildo da Catedral de Santiago ten practicamente decidido rematar co tradicional rito de tirar abaixo o muro que protexe a Porta Santa, un acontecemento que reunía a milleiros de personas na praza da Quintana e que ten rexistrado algún que outro altercado. É por iso que o Cabildo prefire simplificar o acto e, seguindo os pasos de Roma, abrir a Porta Santa cunha chave.

Na actualidade, a Porta Santa é unha obra do artista Suso León. Son dúas monumentais follas de bronce e aceiro de 300 kilos de peso cada unha con diferentes esceas xacobeas. A súa robustez, e o feito fundamental de que ten pechadura, fan innecesaria a construción dun muro que a protexa.