A crise destrúe emprego no sector hoteleiro galego

Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, o sector hoteleiro santiagués pechou o 2008 cun descenso do 4,5% de clientela, o que se traduciu na creación de menos postos de traballo directos. Así, en 2008 os hoteis composteláns empregaron a 934 persoas, cento vinte menos que no ano anterior.

Pero esta non é unha situación illada, senón que é un reflexo do que está a acontecer en todo o Estado. Así, segundo datos da Federación Española de Hostelería, no último trimestre de 2008 rexistráronse un total de 1.409.900 traballadores ocupados no sector hosteleiros, 33.900 menos que no ano anterior. Comparando por sexos, o ano 2008 pechouse con máis mulleres empregadas en hostalería que homes, (56% fronte a 44%), aínda que rexistrouse un maior descenso respecto ao trimestre anterior das mulleres ocupadas.