A Casa Museo de Rosalía acolle actos do Día da Paz

Uns oitenta escolares de tres centros educativos de Padrón e Santiago achegaranse mañá ata a Casa Museo de Rosalía de Castro, situada no lugar de A Matanza, para celebrar o Día da Paz.

Está prevista unha ofrenda floral ante a estatua da poetisa, situada na propia horta da casa, e a lectura de varios poemas, así como unha representación teatral. O acto está aberto a todo o público.