Aprender a elaborar un carpaccio dende pequenos

O Hostal dos Reis Católicos acolle un novo obradoiro infantil de cociña no que, desta volta, os pequenos poderán aprender a elaborar un carpaccio. Tres monitores especializados guiarán aos pequenos, de seis a doce anos, polo excitante mundo da cociña. Tamén recibirán clases do importante que é manter correctos hábitos alimenticios. O prezo do taller é de cinco euros.

Os adultos poderán participar tamén nunha actividade: unha cata con viños da D.O. Valdeorras e conservas de produtos galegos.