Aberta a reserva para participar na Primavera Activa

Dende o 26 de xaneiro, un milleiro de mozos poden reservar a súa praza para participar en actividades de Turismo Activo en máis dun cento de aloxamentos rurais. É o programa Primavera Activa, que desenvolven a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e a Dirección Xeral de Turismo-Turgalicia, destinado a mozos e mozas de 18 a 35 anos.

A iniciativa desenvolverase durante as fins de semana dos meses de marzo, abril e maio, cun prezo que non superará os 60 euros en cuarto dobre. Inclúense as pernoitas do venres e do sábado, as ceas deses dous días e os almorzos correspondentes ao sábado e ao domingo. Entre as actividades que se poderán realizar, rutas en kaiak, mergullo, voo en ultralixeiro ou espeleoloxía.