XVIII Xantar Cunqueirán: El Teatro Venatorio y coquinario de Galicia

O xantar cunqueirán, parada gastronómica sen precedentes iniciada fai 18 anos por Guillermo Campos e Paco Bobadilla, sendo éste Secretario Xeral de Turismo, cumpleu onte coas seus compromisos e peliculiaridades fundacionales: A fondar no coñecemento do legado culinario e cinexético de Cunqueiro, sempre o día 28 de Nadal, por 28 convidados e có encargo expreso de oficiar a selección do recetario ao padronés Chef Rivera.

Ademáis dos fundadores entre os que tamen se atopan os adegueiros Jose María Fonseca (Terras Gauda), Pepe Rodriguez (Adegas Galegas), José A. Lopez (Tricó) e Tito Levoso(Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro), profesionáis da medicina e da maxistratura como Chano Santiago, Senen Soto, Miguel Piñeiro, Javier Acosta, Jose Novoa, entre outros, á xuntanza de este domingo incoporáronse novos interesados na cultura culinaria galega, como é o caso de Nelly Concheiro (Conservas Hijos de R. Peña), ou Cristina Castroviejo, neta do coautor do libro no que se inspira a investigación lúdico-cultural de esta singular reunión gastronomica: El Teatro Venatorio y coquinario de Galicia

Nesta ocasión recuncouse sobre suxerencias especialmente exitósas experimentadas dende o 1991, ano en que se adicou o día das letras galegas ó escritor mindoniense:

Caldo consumado de pombo, acompañado de Tricó, pastelón de lebre xunto o “deguelle do Nicachán”, (botellas conservadas pola cooperativa do Ribeiro dende 1988/89. Chuletas de corzo en milanesa dá man dó Pitacum 2005 e Perdiz ao espeto cun Brunheda porto Vintage 2005. Para cerrar, Queixo da serra e bizcoito pacego, cun Petres do 1980, e brioche de mazá con sorbete de mandarina xunto cos destilados da DO. Orujo de Galicia.