Vilardevós estrea o Museo da Oliveira

Este sábado inaugúrase oficialmente o Museo da Oliveira de Vilardevós, na provincia de Ourense. O alcalde, José Luis Pérez, e o presidente da Deputación, José Luis Baltar, serán os encargados de abrir as portas desta nova infraestrutura cultural. Coa súa apertura, créase un referente na áreade Conso-Frieiras, un motivo máis para visitala e adentrarse na historia da comarca.

Este Museo é unha das actividades do Proxecto “Castaña”, do programa Interreg III-A que se desenvolve nesta área. Supuxo un investimento de 160.000 euros, entre a restauración do inmoble e a súa musealización. Ademais, hai que engadir a plantación de ensaios de seis hectáreas e 1.300 oliveiras.