Só a metade dos locais de hostalería cumpre a Lei Antitabaco tres anos despois da súa aplicación

Está a punto de cumprirse o terceiro aniversario da aplicación da coñecida como Lei Antitabaco pero tan só a metade dos locais de hostalería galegos cumpren coa normativa. Así o detectaron os inspectores da Consellaría de Sanidade nos controis realizados ata o 31 de outubro. Así, dos 218 establecementos inspeccionados, detectaron deficiencias en 97.

Por exemplo, na cidade de Vigo o nivel de cumprimento da Lei sitúase nos mesmos parámetros que en 2007 e só o 55% dos bares e restaurantes da cidade están plenamente adaptados. Os locais que, en calquera caso, máis se adaptan á Lei son os que teñen menos de cen metros cadrados, con porcentaxes que rondan o 70% de cumprimento.