Pulo ao Selo de Calidade do Comercio

A Consellaría de Innovación e Industria creou o pasado ano o Selo de Calidade do Comercio Galego, que neste 2008 se estivo a dar a coñecer entre os comerciantes e consumidores. O obxectivo é que o distintivo se coñeza por parte da sociedade, como un símbolo da calidade dos establecementos.

O éxito do Selo de Calidade do Comercio Galego vén avalado polas 1.130 solicitudes presentadas por comerciantes ata o momento, xa que aos 466 concedidos en 2007, e que agora afrontan a súa renovación, hai que sumar 664 novos establecementos en 2008. Esta boa aceptación entre o sector veuse apoiada polo elevado investimento económico realizado pola Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, que acada os 2,1 millóns de euros.