Preto de 1.500 exemplares de capón, este domingo en Vilalba

Este domingo ten lugar unha nova edición da Feira do Capón de Vilalba na que se prevé que se poñan á venda preto de 1.500 exemplares, cunha idade de sacrificio de sete ou oito meses. Prevese que os capóns entren no recinto feiral a partir das 8.00 horas, mentres que a feira abrirase oficialmente ao público en torno ás 9.30 horas.

Ao mediodía procederase á entrega dos premios aos mellores criadores e, a partir das 12.30 horas abrirase a degustación do produto nos establecementos hostaleiros da localidade. A xornada estará amenizada con música de baile a cargo de tres agrupacións.