Os turistas estranxeiros baixaron levemente nos once primeiros meses do ano

A chegada de turistas estranxeiros a España descendeu un 2% durante os once primeiros meses do ano con respecto ao mesmo periodo do ano anterior, segundo a Enquisa de Movementos Turísticos en Fronteira. En novembro chegaron a España 2,9 millóns de turistas, o que supón un descenso do 11,6% con respecto ao mesmo mes de 2007.

Cataluña é a comunidade que máis turistas estranxeiros recibiu, aínda que descendeu en valor relativo. Tamén baixan comunidades como Andalucía e mantéñense as Illas Canarias. Pola contra, suben as chegadas en Baleares ou Madrid.