Mondoñedo e Ferrol homenaxean a Álvaro Cunqueiro

Coincidindo co aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, Mondoñedo e Ferrol renderanlle hoxe senllas homenaxes. Á unha da tarde está prevista a ofrenda floral ante a estatua do escritor, á que podería asistir o ministro de Cultura, César Antonio Molina. Previamente, no Seminario de Mondoñedo reunirase o xurado do premio Letras de Bretaña, que dará a coñecer o nome do gañador da presente edición.