A industria española importou 338.000 toneladas de leite francés

As industrias leiteiras españolas importaron este ano 338.000 toneladas de leite de Francia, unha vez que o país galo ve satisfeitas as súas necesidades. Os gandeiros autóctonos denuncian que este produto chega a España, e Galicia, cun prezo moito máis baixo que o que as empresas francesas pagan aos seus gandeiros no mercado interno.

A importación de leite francesa a baixo custo é un fenómeno en alza, de tal xeito que as compras a este país medraron un 21,6% con respecto a 2007. Segundo as empresas españolas de envasado, a importanción é inevitable, polo déficit de cota que ten o noso país. Moitas das industrias españolas terían que pechar se non puidesen importar leite francés.