Galos de Curral de Vila de Cruces, prato forte do Nadal

Máis de mil galos de curral de Vila de Cruces vendéronse na Feira de Nadal celebrada nesta vila pontevedresa. Os compradores chegaron dende diversos puntos de Galicia e da Península que nunha ampla maioría elixiron a raza Mos, mentres que outros tiveron que contentarse cos híbridos ao esgotarse os primeiros hora e media despois de comezar o mercado.

Coincidindo coa feira, a Asociación de Galos de Curral de Vila de Cruces, que preside Florentino Varela, organizou unha degustación de galiña estofada da raza Mos, uns 30 kilos que foron elaborados por un establecemento da zona.