Hoxe entra en funcionamento o novo trenhotel co que Renfe cobre a liña Ferrol-Madrid. É un tren nocturno que substitúe ao antigo Estrella del Atlántico que deixou de operar. O novo convoi, de alta gama, conta con servizo de camas e está pensado para que circule de noite e chegue ao seu destino a primeiras horas da mañá. Tamén ten prazas sentadas, un coche-cafetería e un coche de camas-ducha. En total, 122 prazas (60 asentos e 62 camas, dobres e individuais).
Por outro lado, hoxe tamén sae á venda o primeiro billete de viaxe combinado tren-avión, grazas ao acordo ao que chegaron Renfe e Air Europa, aeroliña do grupo Globalia. Os billetes que se poden adquirir a partir de hoxe corresponden a viaxes intermodais a partir do 1 de febreiro. Nunha primeira fase, ningunha cidade galega está incluída neste billete combinado con Baraxas.