A apertura do treito As Pontes-Cabreiros mellora as comunicacións entre Ferrol e Vilalba

Inaugurouse un novo treito da autovía AG-64, que comunica Vilalba con Ferrol. En concreto, trátase dun tramo de 9 kilómetros que supuxo un investimento de 75 millóns de euros. Coa súa apertura, xa se pode circular pola devandita autovía de xeito ininterrompido ao longo de 43 dos 56 kilómetros que separan Ferrol e Vilalba.

Entre os elementos singulares que inclúe esta estrada destaca o viaduto do Eume, de preto dun quilómetro de lonxitude. Executouse cun novidoso sistema construtivo que minimizou o impacto ambiental. A apertura do último treito pendente, Cabreiros-Vilalba, xa en obras, está prevista para o outono do vindeiro ano.

No mesmo eido das infraestruturas, o Partido Popular vén de rexistrar unha Proposición non de Lei no Congreso para que o Goberno inste a Renfe a establecer “de inmediato” unha segunda conexión diurna entre Galicia e Madrid, á espera de que conclúan as obras do AVE. A Proposición foi presentada polos deputados ourensáns Celso Delgado e Jesús Vázquez.