Agaxet pecha o ano cunha reunióm gastonómica

A Asociaciòn Galega de Xornalistas e escritores de Turismo (Agaxet) reúnese hoxe no restaurante Pepe Vieira-Camiño da Serpe cunha doble planificación: unha asamblea con importantes temas profesionais na orde do día, e unha vertente hedonista, a de coñecer colectivamente a cociña do novo "estrella Michelín" na ría pontevedresa. A xoven asociación celebrou encontros similares, desde primeros de ano, en A Coruña (hotel Finisterre), Lugo (Balneario de Guiriz), ademáis da asamblea xeral celebrada no de Mondariz-Balneario.

As eleccións inmediatas na FEPET e cambios na estructura organizativa desta federación española na que está vencellada a galega, o ingreso de novos membros cos que se aproximará a corenta o número de asociados en Galicia, tan só dous anos despois da súa creación, e un apunte sobre a planificación e principales fitos a desenvolver ao longo do ano 2009, figuran na orde do día. Neste punto, o presidente da Agaxet, Guilermo Campos, anticipou que "o vindeiro exercicio caracterizarase polo asentamento da Agaxet no plano das relación con entidades afíns e os intercambios formativos e profesionais; en definitiva, polo achegamento dos profesionais aos eidos nos que se desenvolven traballos e actividades que contribuan a especialización e a mellora das ferramentas que faciliten o maior nivel para o xornalismo turístico en Galicia".