Unha ruta que nos leva ao nacemento dun poeta

A Ruta Currosiana principia a súa andaina esta fin de semana cun percorrido de 18 kilómetros. A organización, que corre a cargo da Universidade de Vigo, quere ofrecer aos participantes as paixases, lugares e elementos singulares da contorna da vila de Celanova, lugar de nacemento do poeta Manuel Curros Enríquez.

Esta primeira ruta saíra de Celanova pasando por Vilanova dos Infantes, Castromao e Monte das Neves para regresar ás 17.00 horas ao punto de partida. A próxima cita será o 13 de decembro.