Santiago acolle as Catas dos Meles e dos Queixos

Sesenta e oito marcas participan dende hoxe nas Catas dos Meles e Queixos de Galicia, que a Consellería de Medio Rural celebran en Santiago co fin de promocionar, entre os consumidores galegos as denominacións de calidade, que certifican e amparan os productos que cumpren todas as garantías e controis en materia de salubridade e rastrexabilidade alimentaria.

Na VII Cata das Meles de Galicia participan 19 meles dos que 6 son monoflorais e 13 multiflorais. Os 7 expertos que conforman o panel de cata realizarán un exame visual, olfativo e degustativo da smostras, fixándose en aspectos como a intensidade ao cheiro, o gusto, ou a homoxeneidade do produto. Os 6 miltiflores mellor clasificados na fase de selección pasarán á Cata Final da que sairán os 3 mellores meles premiados. Neste concurso, a Consellería conta coa colaboración do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.

Pola súa parte, a XI Cata dos Queixos de Galicia, na que participan 49 mostras, organízase co dobre obxectivo de promocionar e valorizar o sector transformador queixeiro, que compite cos seus productos nun certame xa plenamente consolidado e único en Galicia polo número de mostras presentadas a concurso; e tamén lembrarlles aos consumidores a calidade dos queixos producidos no nos País, baixo o amparo das 4 Denominacións de Orixe Protexidas existentes.