Rosalía Mera fai competencia ao seu ex marido no sector hoteleiro

Dous dos galegos máis ricos e poderosos, Amancio Ortega e Rosalía Mera, poñen os seus ollos en Estados Unidos e cara alí dirixen os seus investimentos. Se hai uns días coñeciamos o novo proxecto hoteleiro de Ortega na cidade de Miami, agora é unha empresa vencellada á súa ex muller a que se fixa en Estados Unidos.

Así, a cadea hoteleira Room Mate Hotels, da que Rosalía Mera é accionista, acaba de inaugurar o seu primeiro hotel no centro de Manhattan, en Nova Iorque. Súmase así ás outras adquisicións de Mera en Estados Unidos, entre hoteis e edificios de oficinas.