O Concello de Vigo multa aos primeiros locais de copas por exceso de ruído

A medida chega con retraso pero, alomenos, chega. O Concello de Vigo procedeu a multar aos dous primeiros locais de copas que excederon o límite de ruídos permitido e anúncianse novos expedientes, cando menos, a outros vintedous.

Os establecementos enfróntanse a multas de ata 60.000 euros, a maioría impostas tras rexistrárense denuncias veciñais. O Concello podería incluso pechar cautelarmente os devanditos locais ata que adopten medidas de insonorización. A aplicación das sancións retrasouse polos cambios no persoal de Medio Ambiente.