Innovación e Industria financiará a construción do observatorio astronómico de Cotobade

A Consellaría de Innovación e Industria financiará a construción e o equipamento dun Observatorio Astronómico no Val de Almofrei, en Cotobade (Pontevedra). O investimento será de 149.870 euros. A instalación proxectada permitirá a observación astronómica afeccionada e a divulgación da astronomía mediante actividades observacionais guiadas, así como a través de charlas ou presentacións multimedia.

O observatorio de Cotobade compleméntase co Científico construído recentemente en Forcarei (na foto), xa que conxuntamente crearán unha área científico-divulgativa para a astronomía.