Galicia aproba a Lei de Pesca

A nova Lei de Pesca foi aprobada polo Parlamento despois de someter a votación o ditame elaborado pola Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo sobre o Proxecto de Lei. A nova norma garante que a Xunta desenvolverá os servizos de salvamento marítimo e loita contra a contaminación, e contempla que o Goberno galego potenciará os produtos da pesca artesanal, facendo mención á necesidade de que o mariñeiro se involucre na cadea de comercialización

Carmen Gallego destacou na súa intervención que a nova Lei se adapta aos novos tempos e pon as bases para que a pesca galega teña futuro.

Entre as novidades que incorpora o texto legal destacan a creación da licenza de pesca profesional, cunha duración indefinida, e dunha licenza que distingue entre marisqueo a pé e a flote, igualando a cinco anos a súa vixencia