Craega leva os beneficios dos alimentos ecolóxicos a Sanxenxo

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) organiza este xoves en Sanxenxo unha xornada sobre os beneficios destes alimentos, en colaboración coa Consellaría do Medio Rural. Está dirixida á poboación en xeral e terá lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán ás 19.00 horas.

Ao remate da xornada, que será inaugurada polo subdirector xeral de Produción Agraria Sustentable e Fomento Asociativo, Eliseo Xavier Miguélez, haberá unha degustación de produtos ecolóxicos.