Comezan as obras da primeira piscina termal urbana de As Burgas

O Concello de Ourense vén de comezar as obras da que será a primeira piscina termal urbana da cidade, que estará ubicada na zona de As Burgas. Agárdase que a instalación estea rematada en febreiro de 2009.

A piscina será aberta e estará dotada de todas as infraestruturas hixiénicas e sanitarias capaces de garantizar unha cómoda estancia. Inclúese no macro proxecto deseñado polo arquitecto pontevedrés César Portela para a zona. A construción da piscina tamén suporá a mellora do seu entorno.