Becerreá acollerá unha xornada de exaltación do mexillón

A localidade lucense de Becerreá acollerá os vindeiros días 6 e 7 de decembro a I Xornada de Exaltación do Mexillón, na que colabora a Consellaría de Pesca.

Este xoves celebrarase o acto de presentación da xornada, que terá lugar na delegación de Sanidade de Lugo e que contará coa participación do delegado territorial de Pesca, José Ramón Val Alonso.