Baiona conságrase á lura esta fin de semana

Esta fin de semana celébrase a primeira edición da Festa da Lura de Baiona, un evento que nace con intención de perpetuarse no tempo. Para acoller aos comensais, instaláronse dúas carpas no recinto da lonxa que impedirán que unha climatoloxía adversa estrague a convocatoria. A iniciativa xorde grazas ao apoio do Concello e dos empresarios e comerciantes de Baiona.

O Goberno local considera que un municipio turístico como Baiona non podía permanecer máis tempo sen contar cunha festa gastronómica propia e, como non podía ser menos, elixiuse un produto do mar. O pregoeiro desta primeira edición será o xornalista gastronómico galego Guillermo Campos, director de Hostelería Galega & Turismo (na foto).