O Magosto será festa de Interese Turístico

O Consello da Xunta declarará o Magosto como Festa de Interese Turístico de Galicia. A iniciativa partiu do alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, que solicitou á Federación de Municipios e Provincias (Fegamp) a declaración de interese "ante o carácter singular e etnográfico que ten esta celebración, sobre todo, na provincia de Ourense".

A proposta foi entendida e asumida polo Consello da Xunta.