O Goberno central investirá 150.000 euros na Illa das Esculturas

Un dos espazos de maior singularidade de Pontevedra, pero que presenta un peor aspecto, é a Illa das Esculturas, unha área de lecer situada a carón do río Lérez e na que se poden contemplar obras de importantes escultores internacionais.

Coa intención de mellorar as súas condicións, o Estado vén de aprobar unha partida de 150.000 euros para un proxecto de recuperación que prevé a instalación de dúas ou tres novas actuacións “que serán realizadas por destacadas figuras do panorama artístico internacional”, asegurou o deputado socialista Antón Louro. “A Illa das Esculturas pode considerarse un dos enclaves máis fermosos da cidade co que as iniciativas que permitan impulsar este proxecto son moi positivas”, engadiu.