O Concello de Vigo e a Federación de Hosteleiros de Pontevedra cooperarán contra o ruído e o botellón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entrevistouse coa directiva da Federación pasa pasar revisión ao estado do sector en Vigo e para acotar os termos de cooperación entre os organismos de cara á loita contra a contaminación acústica e o botellón. A Federación suxire que as paradas de taxis non estean na medida do posible nas beirarrúas con vivendas e incluso pechar rúas ao tráfico pola noite.

O alcalde e a Federación estudaron o impacto da crise no sector, que xa se está a notar, sobre todo nos índices de ocupación hoteleira nas fins de semana. Pola contra, o turismo de negocios apenas cae, aínda que se aprecian estadías máis curtas e con menor gasto na cidade. Os hosteleiros solicitaron ao rexedor que impulse os congresos e convencións no municipio, xa que palia os niveis de ocupación en Vigo.

Alcalde e Federación, encabezados polo seu presidente, José Manuel Magaz, estableceron as bases para a cooperación contra a ruído, unha cooperación que mellorará os resultados das actuacións municipais, indicou o alcalde.

Abel Caballero informou que se pretende tanto que os locais nocturnos se ateñan dentro dos niveis de son permitidos como limitar os ruídos nas rúas viguesas. A Federación suxire tamén trasladar as paradas de taxis ás beirarrúas sen vivendas e incluso plantexan limitar ou pechar ao tráfico rúas sitas en zonas acústicamente saturadas.