Malpica leva os seus atractivos turísticos a Lugano

Unha delegación da Costa da Morte trasladarase á cidade suíza de Lugano para asistir ao Salón Internacional das Vacacións, no que, entre os seus expositores, haberá un stand de Malpica. Esta é a primeira vez que a localidade está representada neste certame, que este ano acada a súa sexta edición. Tamén contará cun stand a cidade de Vigo.

Por outro lado, o Concello de Laxe tamén desenvolverá estes días unha acción promocional, nesta ocasión, no certame Expogalaecia, que se celebra no Ifevi esta fin de semana.