Lei para Aeródromos e Heliportos de Galicia

O Consello da Xunta aprobou o proxecto de Lei de Aeródromos que, unha vez aprobado polo Parlamento, permitirá desenvolver as competencias autonómicas en materia de heliportos e aeródromos que non sexan de interese xeral do Estado. Ata o de agora non existía en Galicia unha normativa propia que regulara este tipo de infraestruturas destinadas, entre outras labores, a traslados sanitarios e de emerxencias, extinción de incendios ou voos deportivos.

O proxecto da Xunta prevé que estas instalacións poidan ser de titularidade pública ou privada e establécese un réxime de autorización previa que garanta a seguridade das instalacións e a conveniente ordenación do sector.