Expertos nutricionistas degustarán os viños de Monterrei

O Talaso Atlántico de Baiona acollerá, do 13 ao 15 de novembro, a XII Reunión Científica da Sociedade Española de Nutrición, á que está previsto que asistan uns 300 profesionais de todo o país. E como en anos anteriores, o congreso finalizará cun “Viño de Despedida” que terá como protagonistas aos viños da D.O. Monterrei.

O presidente do Consello, Antonio Ángel Méndez, considera moi positivo que a denominación estea presente neste tipo de actos, e máis tratándose de expertos en nutrición que poden comprobar así a calidade destes viños e, se lles gustan, recomendalos despois.