A Deputación de Pontevedra edita un álbum de carteis sobre festas populares

Mónica Leiro Búa é a autora do libro “O cartelismo das festas populares da provincia de Pontevedra”, no que se recollen 300 carteis de festas con 30 anos de antiguedade, 193 de festas profanas e 104 de festas religiosas.

Moitos dos carteis reopilados neste volume poden considerarse como auténticas obras de arte, pezas firmadas por pintores ou debuxantes consagrados como Laxeiro, Ricardo Bofil, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Alfonso Sucasas, Armando Salgueiro ou Paco Lareo, entre outros.

O libro foi editado pola Deputación de Pontevedra que segue a aumentar un fondo de biblioteca propio que xa supera os 500 títulos, e do que tamén pasan a formar parte outros dous libros: “Los otros Valle Inclán”, de Víctor Viana, e “Cortegada: una isla real”, de Daniel Garrido.

O volume recolle tamén os carteis que para as Festas da Peregrina realizaron Carlos G. Mourón (1997), Álex Vázquez (1998) e Ruibal (1999), encargados polo Concello a través do Grupo HG&T.