Corenta millóns de euros para mellorar a calidade de vida das comunidades costeiras

A Consellaría de Pesca coordinará aos sete Grupos de Acción Costeira (GAC) que intentarán estimular novas fontes de ingresos co obxectivo de mellorar a calidade de vida das comunidades costeiras. Contan para elo cun orzamento de 40 millóns de euros do Fondo Europeo da Pesca.

Os sete CAG integrarán a 72 concellos da Ría de Vigo-A Guarda, Ría de Pontevedra, Ría de Arousa, Seo de Fisterra-Muros e Noia, Costa da Morte, Golfo Ártabro e a Mariña Lucense e Ortegal.

Con anterioridade, varias comarcas galegas beneficiáronse de distintos programas da EU, caso de Lourenzá, que convertiu a antiga casa abacial do mosteiro de San Salvador en centro de interpretación da faba; Gundivós recuperou a súa olería máis tradicional; As Neves artellou na parroquia de Taboexa un centro de interpretación do patrimonio; a Baixa Limia puxo en marcha un centro de interpretación do legado romano ao carón dos restos de Aquis Querquennis, mentras que na comarca de Terra de Montes e Tabeirós puxéronse en marchas 12 novas empresas grazas ás axudas económicas do Plan Leader, o que supuxo a creación de 61 postos de traballo e a consolidación doutros 123.