As explotacións lácteas galegas importan cada ano máis 12.000 animais en produción doutros países europeos

As explotacións lácteas galegas incluídas no programa de Control Leiteiro -que suman un 75% de todas as que funcionan na rexión-, importaron o pasado ano uns 12.000 exemplares en produción doutros países da Unión Europea, segundo informou o presidente da Sociedade Cooperativa Galega (Seragro), Rogelio Grille.

Ao seu xuízo, Galicia é "deficitaria" na recría de animais destinados á produción de leite, o que obriga ás explotacións da rexión a realizar cada ano "importacións masivas" de reses procedentes doutros países europeos, co consecuente prexuízo que supón esta práctica para a rendabilidade das propias granxas.

Con todo, as explotacións galegas seguen a ser líderes a nivel nacional pois superado o primeiro terzo da campaña, produciron o 40% do leite de todo o Estado. A Galicia séguenlle, pero de lonxe, Castela-León, Cataluña e Asturias.