A Xunta investirá na reestruturación de viñedos en O Ribeiro

O vicepresidente da Xunta, que visitou a zona de O Ribeiro, anunciou que antes de que finalice o ano, o Goberno galego levará adiante unha liña de axudas para incentivar a reestruturación de viñedos e a presenza de castes nobres. Nese sentido, Anxo Quintana indicou que estas axudas “estarán abertas a parcelas pequenas”. Esta cooperación sumarase aos investimentos incluídos no Plan de Impulso do Ribeiro que xa conseguiu a substitución de castes foráneas por variedades autóctonas nunha superficie de 100 hectáreas.
Estes investimentos da Administración contribuirán a mellorar as condicións de traballo nesta denominación de orixe, e a proxectar aínda máis os seus viños. Segundo manifestou o novo xerente do Consello Regulador, Mariano Va, “os ribeiros son fáciles de promocionar pola súa calidade”. Unha das súas primeiras accións será a paticipación nunha feira en Miami.