Sidrería Galega trasládase a Monterroso

Monterroso é a vila elixida por Hijos de Rivera para trasladar a factoría de Sidrería Galega, que actualmente opera en Chantada. O retraso na ampliación do polígono industrial deste último municipio provocou a elección dun novo emprazamento. A intención é que a nova fábrica comece a súa actividade en 2010.

A firma investirá uns catorce millóns de euros na posta en marcha dunha nova liña de negocio, coa elaboración e envasado de novos produtos. Agárdase a creación de corenta novos postos de traballo, ademais dos 21 xa existentes en Chantada.