Sanxenxo estará presente no VI Encontro Gastronómico de Vilas Mariñeiras

O Concello de Sanxenxo estará presente no VI Encontro Gastronómico das Vilas Mariñeiras que se celebra mañá no Hotel Ritz de Madrid. O obxectivo desta acción é promocionar as excelencias gastronómicas dos municipios integrantes. Nesta ocasión, o acto estará presentado pola presidenta de Vilas Mariñeiras, Paz Fernández, mentres que a presentadora Minerva Piquero será a encargada de ler o pregón.
Fernández aproveitará a ocasión para presentar a nova guía gastronómica de Vilas Mariñeiras, na que se facilitan algunhas das máis afamadas receitas destes pobos mariñeiros.
Entre os pratos que se poderán degustar no encontro están, como é lóxico, os elaborados a base de peixe e marisco. Polbo, bonito, bacallao, calamares ou merluza serán os protagonistas xunto cos produtos da terra, como os pementos, a tenreira, os cachelos ou o lacón.
Representando a Galicia acudirá o cociñeiro Rafael Juárez del Parador de Turismo de Ribadeo.