Sada acolle actos do Día do Diálogo Intercultural

Sada é unha das catro cidades españolas que participará na celebración do Día do Diálogo Intercultural, que inclúe actividades de cinefórum, danza e culinarias.

Con este programa preténdese estimular o diálogo entre culturas e sensibilizar sobre a importancia de potenciar unha cidadanía europea activa.