Pesca louba o acordo do sector mexilloeiro de cara ao desenvolvemento da DOP

A conselleira de Pesca, Carmen Gallego, indicou que o acordo ao que chegaron Pladimega e Arousa Norte facilitará o desenvolvemento da Denominación de Orixe Protexida outorgada pola Unión Europea a este recurso galego.

Ademais, manifestou o seu desexo de que comece a chegar aos mercados mexillón baixo este distintivo de calidade.

Segundo explicou a conselleira, o acordo ao que chegaron as dúas plataformas distribuidoras susténtase, entre outros aspectos, nun control único da produción e un sistema de organización do sector.