O albergue de peregrinos de Lugo acolle a exposición “O Camiño Primitivo visto polos internos da prisión de Bonxe”, composta por cincuenta fotografías en branco e negro que recollen diversos aspectos da senda, seleccionadas das moitas realizadas polos internos e funcionarios da prisión durante as súas saídas programadas ao longo desta ruta.
A exposición estivo previamente na Fonsagrada, en Melide e na propia prisión e agárdase que, a continuación de Lugo, visite a cidade da Coruña. A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo vén apoiando estas saídas programadas que teñen un fin terapéutico e de rehabilitación dos internos da prisión e que se producen dende que no Ano Santo 1999 a Pastoral Penitenciaria de Galicia acordara asignarlle a cada un dos centros penitenciarios galegos un dos distintos Camiños de Santiago.