Oito finalistas loitarán por ser o mellor barista de Galicia

Oito mozos galegos loitarán por facerse co primeiro posto no III Campionato de Baristas de Galicia, que se celebra mañá en Santiago de Compostela. As probas terán lugar no Centro Superior de Hostalería de Galicia. Xuíces homologados serán os encargados de avaliar aos participantes.

O primeiro clasificado representará a Galicia no Campionato Nacional de Baristas, que se celebrará na feira HOSTELCO, de Barcelona, do 17 ao 21 de outubro.

Por outra banda, os mellores barmans de España daranse cita en Santiago no LV Congreso Nacional de Barmans, que se celebrará do 28 de setembro ao 2 de outubro coa participación duns 250 congresistas. Organizan o evento, que terá como esceario o Hotel Los Abetos, a Asociación Galega de Barmans en colaboración coa Dirección Xeral de Turismo.

No seu transcurso celebrarase o Campionato de España de Coctelería e representando a Galicia acudirán Marcos Martínez Iglesias e Marta Pérez Vázquez.