A ocupación hoteleira alcanzou o 85% na Coruña

Semella que a crise evitou a cidade da Coruña no que a termos de ocupación hoteleira se refire pois, segundo datos de Hospeco, o mes de agosto rematou cunha media de ocupación do 85%. A Coruña é, despois da Mariña lucense, e en termos relativos, a zona de Galicia que mellores datos rexistrou.

As ofertas de última hora semella que contribuíron a recuperar en parte as cifras de ocupación, así como a celebración das festas, a promoción da Torre de Hércules e os actos do 800 aniversario da cidade.